LAMENTOS DE DERROTA
- Antoloxía poética -

salome salomé vilarino vilariño compostela Compostela dominguez Dominguez poesia antologia guerra batalla epico epica animalismo feminismo nacionalismo

No campo de batalla o cheiro é tal que afoga, o ruído é tal que ensordece, a loita non é só contra o inimigo senón tamén contra a mente e o instinto, e os reflexos son esenciais para manterse con vida. No medio deste caos ninguén se detén, ninguén auxilia, ninguén escoita, pero moitos falan. Falan aqueles no chan, malferidos e que, a pesar de acharse rodeados de aliados e inimigos, están sós. Eles falan da súa verdade, verdade que non é máis que a ira, o pesar, a vergoña, a satisfacción, o arrepentimento ou mesmo a euforia que senten ao verse, repentinamente, obrigados afrontar a consecuencia dos seus actos.<\p> Punto de venda

Ficha do Libro


Título: Lamentos de derrota
Editorial: Autopublicación en Amazon
Encadernación: Tapa branda
Páxinas: 69
Idioma: Galego e español
Fecha de publicación: 2 marzo 2020
Ilustración de cuberta: Salomé Vilariño e Pablín Dibujín
ISBN: ‎ 978-84-09-46639-9

Comentarios

Resulta épico; unha reflexión sobre a vida e a morte, a derrota, o sufrimento e, por encima de todo, a loita como sustento da vida. No transcurso deste periplo marcial, a poeta deixa ver o seu concepto do Universo como xestor de emocións, moitas veces evocadoras, sempre constantes. Os elementos: mar, terra, achegan as fontes da vida con forza, nun constante devir cambiante que conflúen e modelan os actos. Espectadora singular, non xulga os actos, máis ben refíreos e entrega ao lector para que, na súa virtude, faga o propio e participe desta antoloxía poética como a poeta mesma.

Editorial La Poesía Mancha

Poesía de verdade, poemas loitados contra o papel en branco que transcenden o mero gusto do seu autor e pretenden durar no tempo, nas bocas e as mentes de xentes con sensibilidade.

Editorial Adarve

Poesía dotada dun toque mítico telúrico chega ao corazón

Ediciones Carena